Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura da Granxa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura da Granxa. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de junio de 2021


 O último libro do club de lectura da Granxa é Seique de Susana Sánchez Arins.

Na nosa última reunión faltaba alumnado de 2ºCS porque estaban facendo as prácticas nas empresas.A lectura levounos a desenvolver unha actividade: a visita guiada polo

cemiterio vello de Mondoñedo.





lunes, 8 de marzo de 2021

Club de lectura da Granxa


O alumnado do club de lectura da Granxa acode á radio O Son da Paula para ler fragmentos do libro La vida en el centro de Yayo Herrero.


sábado, 13 de febrero de 2021

AQUÍ NO PAGA NADIE

 

O club de lectura da Granxa reuniuse en xaneiro para empezar a comentar a obra que está lendo agora, Aquí no paga nadie de Darío Fo.

Reuniranse en varias ocasións máis para compartir a súa experiencia lectora e debater acerca do contido do libro.

CHARLA COLOQUIO CON YAYO HERRERO

 

O día 18 de xaneiro puidemos contactar coa escritora ecofeminista Yayo Herrero e comentamos con ela un montón de temas que foron xurdindo despois da lectura do seu libro La vida en el centro por parte do club de lectura da Granxa. 

Ademais, participou tamén o alumando de Pluribac.

A experiencia foi incrible porque poucas veces temos a oportunidade de falar coa autora dun libro inmediatamente despois de lelo.



LA VIDA EN EL CENTRO

 


Este é o primeiro libro que lemos este curso no club de lectura da Granxa, que botou a andar este ano no noso centro. Trátase dunha nova experiencia coa que estamos a disfrutar non só do libro, senón das nosas reunións ao aire libre aproveitando o espazo natural tan fermoso que temos.

O libro que inicia esta andaina é La vida en el centro de Yayo Herrero, con quen teremos unha charla a través de videoconferencia cando teñamos rematada a lectura.