Este libro de Gabriel García Márquez sorprendeunos pola súa novidade con respecto a todo o que lemos ata o de agora.
A reunión do club tratou sobre a temática da obra, onde destacan a morte, a violencia desta, a soidade de Santiago Nasár ante a súa inminencia, a impotencia de todos os que asisten a ese espectáculo sen saber ou sen poder facer nada e a crítica social que xorde. Todo isto levounos a comentar cómo ás veces nos vemos obrigados a comportarnos de determinada maneira porque é o que se espera de nós ou o que a nosa educación nos inculcou. Isto vémolo na actuación dos irmáns Vicario ou na forma de comportarse de súa nai e da noiva dun deles, que esixen dos asasinos tal función para manter a honra perdida.
A obra tamén nos serviu para falar dos soños premonitorios como anuncio dalgunha desgraza e da importancia que estes desempeñan na novela. De feito, eles axudáronnos a entender o realismo máxico, corrente literaria propia da narrativa hispanoamericana, que inclúe elementos oníricos ou máxicos como unha forma habitual e non estraña de explicar o mundo.
A lectura de Crónica de una muerte anunciada animou a algún membro do grupo a adentrarse en Cien años de soledad, outra das magníficas obras deste autor.
Aquí vos deixo un enlace no que o autor fai unha breve reflexión sobre Crónica de una muerte anunciada http://youtu.be
Aquí vos deixo un enlace no que o autor fai unha breve reflexión sobre Crónica de una muerte anunciada http://youtu.be
No hay comentarios:
Publicar un comentario