Déixovos aquí a presentación que serve como introdución ó seguinte libro que imos ler no club.
Os traballos que tedes que elaborar e que serán entregados con data límite ó día seguinte da reunión.
Como sabedes, na novela aparece o personaxe do pintor que lle permite a Herbal contemplar a paisaxe que o rodea dende unha perspectiva distinta. Escollede a descrición que vos pareza máis interesante, indicade a páxina do libro en que figura, a razón de que vos gustase e facede unha ilustración persoal (a vosa creatividade elixe: pode ser abstracta, empregar a cor ou ir en branco e negro...).
Desta vez, os traballos presentarédelos en persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario