jueves, 18 de mayo de 2017

Despedida

Desta volta despedímonos doutro dos grupos que nos acompañou este ano na nosa andaina no club As mil e unha historias.
 Fixemos a despedida coa lectura de Hai que matalos a todos de Héctor Carré, autor do que o curso pasado xa limos Febre. O libro non pareceu gustar tanto coma o anterior, pero soubemos sacarlle partido e ata nos aventuramos a facer algunha páxina do periódico O Improbable, como veredes na entrada anterior.
Esperamos volver vernos o próximo curso para compartir máis lecturas, risas e debates, porque dá gusto traballar con xente tan boa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario