domingo, 20 de junio de 2021

Care Santos


Este xoves día 27 puidemos contactar con Care Santos a través de videoconferencia. O curso pasado tiñamos prevista unha charla con ela que  non foi posible debido ás circunstancias, pero este curso quixo estar con nós e falarnos da súa triloxía: Mentira, Verdad e Miedo. Nós lemos Miedo e encantounos. 

Care Santos falounos de como se orixinou a serie, da súa investigación para desenvolver os personaxes e de como se inspira para construír os seus argumentos. Tamén tivemos a oportunidade de preguntarlle aquelos pequenos detalles que sempre nos intrigan como as manías dun escritor, os novos libros que está a preparar, os pasos que debemos seguir se queremos que unha editorial nos publique...

Quedamos con ganas de máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario