viernes, 25 de junio de 2010

Contra el viento

Con este libro Ángeles Caso gañou o premio Planeta. Este foi un dos motivos da súa elección, ademais do feito de que queriamos ler unha autora contemporánea recoñecida. O libro céntrase na figura feminina e, a través da historia de varias mulleres cuxa vida se relaciona dalgún xeito, amósanos a loita cotiá da muller por saír adiante. Aparecen temas tan relevantes como o dereito á educación nos países subdesenvolvidos, as duras condicións da muller nestes, os abusos que sofren... Pero a autora non deixa de lado o mundo desenvolvido, aquel no que a muller avanzou, aínda que non tanto como parece, posto que podemos ver como  as mulleres inmigrantes son tamén o branco de prexuízos.
O traballo que fixemos con este libro foi diferente. Comentámolo coma todos, pero despois as rapazas do club escolleron os fragmentos que máis lles chamaron a atención e fixeron unha reflexión da razón de tal feito. Quizais a lectura destes comentarios, que aparecen na etiqueta da marxe, vos animen a ler o libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario