Este libro de Scott Westerfeld foi un dos que máis gustou no club de lectura de bacharelato. Aínda que ó principio costou adentrarse no seu entramado, á metade logrou enganchar a todas as compoñentes do grupo, que conseguiron establecer moitas relacións coa sociedade actual.
O autor creou un libro xuvenil diferente polo simbolismo que agacha no seu interior: fai un retrato orixinal das preocupacións da sociedade actual e danos unha visión dun futuro sobrecolledor da mesma se nos guiamos polos valores que hoxe en día predominan. Invita a unha reflexión moi interesante acerca da manipulación social, política e educativa.
Lede os comentarios de cada unha das compoñentes do grupo e coñeceredes os aspectos que máis lles interesaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario