O libro Perdona si te llamo amor foi un dos éxitos do club de lectura. Proposta por unha das compoñentes do grupo, foi unanimente aceptada, posto que coñecían o autor de A dos metros sobre el cielo.
A lectura da obra foi amena e incitou ó grupo a ler a súa secuela, Perdona, pero quiero casarme contigo.
O fenómeno Moccia estendeuse polo centro e moitas alumnas pediron o libro na biblioteca, de xeito que houbo que comprar outras obras do autor. Algunha, como Tengo ganas de ti foi lida tamén por rapaces.
Parece que neste caso, os gustos das compoñentes do club seviron para promocionar a obra, que serviu para reflexionar sobre as relacións de amizade, as de parella e os celos. Este último punto foi moi comentado para desbotar ideas equívocas que teñen os adolescentes sobre o que debe ser o amor. Tamén se falou do mundo laboral e das responsabilidades que conleva.
Se queredes coñecer a opinión das rapazas do club, consultádea na etiqueta correspondente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario