martes, 22 de marzo de 2011

El escarabajo de Horus

El escarabajo de Horus é unha obra de Rocío Rueda. A novela provocou sensacións encontradas nos membros doclub da ESO, posto que gustou bastante a uns, aínda que foi considerada un pouco frouxa na trama por outros. Con todo, dela aprendemos moitas cousas, porque nos levou a investigar sobre a mitoloxía e o antigo Exipto, co que visitamos páxinas web de información a través das que nos achegamos un pouco máis ó espazo e cultura que figuran como elementos importantes da obra. Así comprendemos mellor a trama.


Na obra partimos dun salto temporal, posto que comeza na época en que o mundo era gobernado por deuses (refléxase tipográficamente en cursiva) e pasa á época actual. Logo, volve de novo á época dos faraóns. Por tanto, estamos a viaxar no tempo, pero tamén no espazo, posto que pasamos de Exipto a París. Isto fíxonos establecer relacións entre as distintas formas de pensar nun e noutro país e época, buscamos tamén vencellos históricos entre ambos, comparamos sistemas políticos e relixiosos e, finalmente, comentamos a situación actual de Exipto.

O libro ten unha estructura circular, posto que acaba cos elementos cos que comeza: a flor de loto e o obelisco da praza da Concorde. Sen embargo, co seu desenvolvemento os personaxes cambian, evolucionan e fan que nós tamén, posto que agora coñecemos mellor a cultura, mitoloxía, sociedade e historia deste país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario