
Aínda así, non todo o mundo o veu con bos ollos. Houbo persoas que fixeron valer a súa preferencia por historias contadas de “xeito tradicional” e cunha perspectiva máis seria.
Os comentarios acerca do mesmo centráronse no estudo da perspectiva cómica e irónica que se lle pode dar a temas moi serios, na actitude crítica perante situacións de intolerancia que se poden amosar a través do humor, na importancia do humor como vía de escape.... Tamén se valorou a técnica empregada polo autor para presentar cada “historia”: ausencia de cor, sinxeleza no trazo dos debuxos, protagonista escollido…
O club decidiu continuar, segundo un estilo moi persoal, o libro coas súas aportacións. Alá van algunhas das mostras do seu traballo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario