A actitude que aparece neste libro poderiamos dicir que se parece un pouco á da actualidade porque, aínda que se fai máis sutilmente, nos traballos sempre se prefire a unha persoa de boa presenza antes que a unha persoa menos agraciada. Incluso se podería establecer unha certa relación entre este libro e as políticas totalitarias: por exemplo, durante o nazismo en Alemaña os que eran diferentes, é dicir, os xudeus debían estar separados do resto da sociedade, non se debían relacionar con persoas que non fosen da súa raza, etc. Aínda que menos extremo, neste libro os xudeus corresponderíanse cos habitantes de Feópolis (imperfectos) e os alemás cos de Nueva Belleza, pois tamén os imperfectos eran considerados insignificantes, non debían relacionarse cos perfectos, etc. A política de Traición era moi manipuladora, xa que lles facían crer aos imperfectos que realmente eran feos, que era imprescindible operarse, como se se non se operaran non puideran seguir vivindo. E excepto unhas poucas persoas, como por exemplo Shay, os pais de David, etc. todos pensaban o mesmo, xa que era unha idea inclulcada polos pais e educadores. É como se estivesen nunha ditadura, xa que é necesario facer todo o que mandan os dirixentes nese momento e no libro esíxese que todas as persoas se operen, do contrario terán que aterse ás consecuencias. Un exemplo disto foi todo o que lle pasou a Tally, David, Shay, etc. cando os colleron no Humo.
A sociedade está totalmente manipulada, xa que se cre que non operarse para ser perfecto é unha das peores cousas que pode pasar. Os rapaces esperan ansiosos cumprir os dezaseis anos para operarse e estar continuamente pasándoo ben nas festas. Que queiran pasalo ben e ir a festas é normal, porque é o que nos gusta a todos, pero para eles é necesario operarse e iso non é “normal”. Ademais se todos se operan e se preocupan de pasalo ben todo o tempo, quen estudaría? Entón nesta sociedade a maioría serían analfabetos? Todos no fondo queremos ser guapos, pero se somos iguais de perfectos eu creo que xa non importaría selo ou non.
A xuventude deste libro creo que é practicamente igual á nosa, coa diferenza de que nós non podemos estar pasándoo ben todo o día sen estudar nin nada. Na televisión hai moitas persoas que se parecen ás do libro: saen neste medio tras operarse de todo o que queren e o que lles importa é pasalo ben e estar con persoas importantes para poder gañar cartos sen traballar e así poder seguir sen facer nada. Aínda que tamén hai rapaces que son realmente moi responsables e maduros, como por exemplo David, que se preocupou moito por Tally e por todos os recén chegados ao Humo. En Tally puidemos ver un proceso de maduración, xa que ao principio só lle importaba operarse e ao final estaba decidida a arriscar a súa vida por salvar ao resto, loitou o que puido por salvar o Humo, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario