O libro que acabamos de ler titúlase Los escarabajos vuelan al atardecer, unha novela de María Gripe que supuxo un cambio na temática do noso club.
Gustounos del a intriga e a historia de amor, aínda que non nos identificamos moito con Jonás, o reporteiro afeccionado que, sen embargo, nos axudou a debater sobre o mundo do xornalismo e a importancia da obxectividade e a ética periodística que, ás veces, tanto botamos en falta nos medios de comunicación.
A obra foi interesante porque contribuíu a opor dúas épocas diferentes no que atinxe ó papel da muller e á súa función na sociedade; a tratar temas tan controvertidos como o amor, a posibilidade de comunicarnos coa natureza (como ocorre coa selandria e David), a importancia da investigación científica e a súa contraposición coa superstición (a posibilidade de comunicarnos cos mortos, a posibilidade da existencia de maldicións que condicionan a nosa vida...). Tamén tivemos ocasión de falar dos soños como fonte de coñecemento e de inspiración na nosa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario